Loading Events

« All Events

  • This event has passed.

Francisco Javier Rodríguez Gil

17 - Abril

Dicionario Galego CastelánO 17 de abril de 1797 nace en Bermés (Lalín) Francisco Javier Rodríguez Gil, autor do primeiro dicionario galego moderno. Sobriño de Xosé Rodríguez González (coñecido como Matemático Rodríguez). Cursou estudos eclesiásticos e xa ordenado sacerdote conviviu en Santiago de Compostela co seu tío, Xosé Rodríguez González, que influíu no seu talante liberal e no seu empeño en dignificar o galego. Foi membro destacado e bibliotecario da Real Sociedade Económica de Amigos do País de Santiago, e tamén da biblioteca da Universidade compostelá.

Un dos seus traballos, que comeza a partir de 1850, foi recompilar un vocabulario galego, seguindo de cerca ao Padre Sarmiento do que publicou varias entregas na revista Galicia. Revista Universal de este Reino, editada na Coruña polos irmáns De la Iglesia. Cando Francisco morreu, Antonio de la Iglesia recompilou a súas notas e publicounas en 1863, o ano no que se publicou Cantares Gallegos, de Rosalía de Castro, con esta portada: “Diccionario gallego–castellano / su autor, el presbítero / Don Francisco Javier Rodríguez / ahora difunto /bibliotecario que fue de la Universidad literaria de Santiago. /Dalo a luz La Galicia / revista universal de este reino, / bajo la dirección de / Don Antonio de la Iglesia González. / Coruña: / Imp. Del Hospicio Provincial, a cargo de D. Mariano M. y Sancho, / 1863

Este primeiro dicionario galego foi a base dos publicados despois por Cuveiro Piñol e Marcial Valladares.

Details

Date:
17 - Abril