- Este evento pasou.
Francisco Asorey González
4 - Marzo
O 4 de marzo de 1889 nace en Cambados o escultor Francisco Asorey González, escultor considerado por algúns críticos como unha das figuras mais relevantes da renovación da arte escultórica española do século XX. Entre as súas esculturas están o “Monumento ao aviador Joaquín Loriga” en Lalín, o “Monumento a Curros Enríquez” na Coruña, a “Piedade” do Panteón do Centro Galego de Bos Aires, o “Monumento ao Padre Feijóo” no Mosteiro de Samos, o “Monumento a Ramón María Aller” en Lalín e a talla en madeira do Cristo da Igrexa de Santa María de Moiá en Barcelona.