Loading Events

« All Events

Francisco Añón

9 - Outubro

9oO 9 de outubro de 1812 nace, no concello de Serra de Outes, o poeta e xornalista precursor do Rexurdimento Francisco Añón. Sendo moi novo iniciou a súa relación co movemento provincialista e tamén o seu labor como poeta e xornalista. Membro da Academia Literaria de Santiago, deu a coñecer en El idólatra de Galicia, portavoz desa institución, diferentes artigos e poemas, entre os que destaca a égloga Recordos de infancia, considerada a súa mellor composición. En 1861 participa nos primeiros Xogos Florais co poema A Galicia, única composición en galego premiada no certame. Foi Añón dos primeiros en utilizar un motivo longamente recorrente na literatura galega do século, a idea de Galiza debruzada nun longo sono, do que ten que espertar. A loubanza do progreso e o ton anticlerical dalgún dos seus textos levaron a Curros a colocalo como protagonista de O divino sainete. A súa obra poética só apareceu compilada postumamente.

Details

Date:
9 - Outubro