Cargando eventos

« Todos os eventos

Foro do bo burgo de Castro Caldelas

1 - Abril

Foro do BurgoO Foro do bo burgo de Castro Caldelas, entregado en abril de 1228, é o documento máis antigo escrito en galego que se coñece no territorio que actualmente constitúe Galiza. Neste texto o rei Afonso VIII outorga ós cidadáns desta vila os seus foros e regula o seu réxime. É unha peza absolutamente singular, en primeiro lugar, pola data, que o torna o texto datado e escrito en galego máis antigo dos producidos en Galiza. En segundo lugar polo seu status diplomático, pois trátase dun privilexio rodado, o tipo de documento máis solemne dos producidos polas chancelarías reais da Península no tempo: constitúe o único exemplo de privilexio real en galego en toda a nosa historia. É tamén, que saibamos, o único diploma en lingua romance saído da chancelaría de Afonso VIII (nado en 1171, rei 1188–1230)

Detalles

Data:
1 - Abril