Loading Events

« All Events

Folklore Gallego

25 - Febreiro

25 feb (Galiciana)O 25 de febreiro de 1894 a “Sociedad de Folklore Gallego” aproba cambiar o seu nome polo de “Academia Galega”. O 1 de febreiro de 1884 créase a Sociedad de Folklore Gallego, que conta coa escritora Emilia Pardo Bazán como presidenta da súa Xunta Provisional. Dez anos despois, o día 25 de febreiro do ano 1894, ten lugar unha xuntanza en que se decide “que la Sociedad Folklore gallego cambie su título por el de Academia Gallega y se refunda en ésta, que tendrá por objeto el cultivo y fomento de las ciencias, la literatura y el arte en Galicia, en sus múltiples manifestaciones.” Foi o precedente para a creación da Real Academia Galega en 1906.

Details

Date:
25 - Febreiro