Folga na Fábrica de tabacos da Coruña
7 - Decembro
O 7 de decembro de 1857 ten lugar a primeira folga de mulleres en Galiza. Terá lugar na fábrica de tabacos da Coruña contra as malas condicións de traballo das traballadoras e a mecanización da fábrica. Así o describían os xornais da época: 4.000 mulleres arremeteron contra o xefe e empregados, destruíndo o tabaco picado e botándoo ao mar. Romperon e fixeron cachos as máquinas novas para picar tabaco que se di que custaron 14.000 duros. O seu escaso salario levara aos primeiros conflitos en 1831 e 1854. A crecente substitución do tabaco en pó e os puros de alta calidade pola picadura, os cigarros e os puros de menor calidade levarán á introdución de máquinas, en detrimento do traballo manual das cigarreiras. Seguindo a corrente ludita que iniciaran artesáns ingleses a principios do século XIX, a cigarreiras neste 7 de decembro defenderán os seus postos de traballo botando toda a produción ao mar e destruíndo as novas máquinas de picar tabaco.