Cargando eventos

« Todos os eventos

Florentino López Cuevillas

30 - Xullo

30x  .O 30 de xullo de 1958 morre o historiador e escritor Florentino López Alonso-Cuevillas. A súa obra móstranos unha persoa que evoluciona cara o descubrimento e integración na cultura galega, feito que comparte cos seus compañeiros do grupo Nós, en concreto cos seus compañeiros do chamado cenáculo ourensán. Membro das Irmandades da Fala, participou no nacemento da revista Nós e foi membro da Real Academia Galega e do Seminario de Estudos Galegos, onde exerce de director da sección de Prehistoria.  Está considerado o pai dos estudos prehistóricos de Galiza. Baixo o título  Prosas galegas compilaríase postumamente un conxunto de textos literarios, ensaios de carácter científico e divulgativo, textos arqueolóxicos e semblanzas de escritores redixidos polo autor.

Detalles

Data:
30 - Xullo