Cargando eventos

« Todos eventos

  • Este evento pasou.

Florencio Vaamonde Lores

20 - Outubro

20oO 20 de outubro de 1925 morre na Coruña Florencio Vaamonde Lores, pioneiro da historiografía e da tradución en Galiza. Amigo de Pondal, Martínez Salazar, Tettamancy, Galo Salinas, Eladio Rodríguez, Banet Fontela e Lugrís Freire, entre outros, co eles asistía ás tertulias da Cova Céltica e partillou a idea da creación dunha lingua culta apta para o cultivo de calquera xénero literario. Foi membro fundador das Irmandades da Fala, da Liga Gallega e de Solidaridad Gallega. Agás o teatro, cultivou todos os xéneros literarios. Como ensaísta e investigador tratou os campos máis variados destacando o seu Resume da Xeografía de Galicia e Resume de Historia de Galicia, completado cun resume da historia da literatura. Vaamonde Lores fixo unha gran contribución ao campo da tradución dos clásicos greco-latinos.

Foi membro fundador da Real Academia Galega.

Detalles

Data:
20 - Outubro