Loading Events

« All Events

Florencio Delgado Gurriarán

27 - Agosto

27aO 27 de agosto de 1903 nace en Córgomo-Ourense o poeta Florencio Delgado Gurriarán. Hábil versificador a súa obra destaca pola gran riqueza léxica e o seu  compromiso coa lingua. Comezou a publicar poesías no xornal A Nosa Terra e o Heraldo de Galicia e publica na revista Nós Bebedeira, a súa primeira escolma. Galicia infinda é considerada pola crítica como unha das súas obras máis interesantes. Estivo vinculado ás Irmandades da Fala  e foi membro do Partido Galeguista. No exilio  colabora en varias organización como Alianza Nacional Galega ou o mexicano Ateneo de Galicia e é un dos directores da revista Vieiros editada en México. Foi socio protector do Seminario de Estudios Galegos e Membro da Real Academia.

Details

Date:
27 - Agosto