Cargando eventos

« Todos os eventos

  • Este evento pasou.

Fiz Vergara Vilariño

15 - Abril

O 15 de abril de 1953 nace en Samos o poeta Fiz Vergara Vilariño. Formou parte do colectivo Cravo Fondo, a súa poesía tiña inicialmente un marcado carácter social, que foi logo derivando cara a un maior intimismo. Da primeira época son Para vós (1971) e Encontro cos tiburós (1973). A poesía paisaxística, amorosa e existencialista predomina desde Orfo de ti en terra adentro (1976). Desta tendencia son os poemarios Poeta muiñeiro á deriva (1982), Nos eidos da bremanza (1990), Pastora de sorrisos (1993) e o póstumo Animal sen fel (1998).

Detalles

Data:
15 - Abril