Filomena Dato
27 - Febreiro
O 27 de febreiro de 1926 finaba Filomena Dato unha das escritoras máis significativas da denominada literatura feminista da segunda metade do século XIX, e despois de Rosalía, a única muller que publica un libro en galego no século XIX. Colaboradora con composicións poéticas en xornais como “El Heraldo Gallego”, “Galicia Recreativa”, “Álbum Literario” ou “A Nosa Terra” foi unha fervente defensora dos dereitos das mulleres. As súas reivindicacións feministas están recollidas en Follatos un conxunto de 45 poemas. Esta obra comeza co texto “Defensa das mulleres” onde a autora desmonta os tópicos máis frecuentes na súa época sobre as mulleres, recorrendo a figuras como María Pita ou Rosalia de Castro.