Loading Events

« All Events

  • This event has passed.

Ferreiro Suárez

2 - Xaneiro

O 2 de xaneiro de 1830 fina Xosé Antonio Mauro Ferreiro Suárez. Nado en Noia en 1738, foi un escultor galego, autor de numerosas imaxes relixiosas, moitas delas ubicadas en igrexas de Compostela. Ferreiro Suárez está considerado unha figura prestixiosa da arte escultórica do neoclasicismo galego do século XIX. Recibiu encargos de moitos dos mosteiros galegos (Samos, San Martiño Pinario, San Domingos de Bonaval, San Francisco do Val de Deus,…). Influído pola arte italiana, o seu estilo foi cada vez máis seguido e imitado. Escultor moi prolífico centrado sobre todo en temas relixiosos, tamén esculpiu obra profana como a Minerva para a Universidade Compostelá. 

Details

Date:
2 - Xaneiro