Loading Events

« All Events

Fernando Martínez Morás

11 - Setembro

11  sO 11 de setembro de 1937 morre o xeógrafo e escritor Fernando Martínez Morás. Fillo de Andrés Martínez Salazar foi comisario pola Coruña na  Exposición Rexional Galega de 1909 organizada pola Sociedade de Amigos do País de Santiago de Compostela. Redactor de La Voz de Galicia e presidente da Asociación de Prensa da Coruña publicou artigos en revistas de historia e literatura. Ingresou na Real Academia Galega en 1926 co discurso La Toponimia de Galicia. Foi membro das Irmandades da Fala.

Details

Date:
11 - Setembro