Cargando eventos

« Todos eventos

  • Este evento pasou.

Fermín Bouza Brey

11 - Xuño

11xO 11 de xuño de 1973  morre en Santiago o escritor e investigador Fermín Bouza Brey. En 1923 participa da fundación do Seminario de Estudios Galegos e empezan a publicarse os seus traballos de investigación nos Arquivos do Seminario de Estudios Galegos, no Boletín da Real Academia Galega, nas revistas Nós, Cristal, Resol e no xornal A Nosa Terra. En 1933 publicou Nao senlleira, poemario iniciador da corrente poética neotrobadoresca, aínda que algúns dos poemas que o compoñen xa viran a luz anteriormente en publicacións periódicas, fundamentalmente  na revista Nós. Nao senlleira foi impreso pola editorial Nós en xaneiro de 1933 e foi o último volume editado por Nós na rúa das Hortas de Santiago a onde Casal trasladara o seu obradoiro desde a Coruña en 1931. Durante a guerra Bouza Brey foi afastado do seu posto, acusado de masón e galeguista. Os seus abondosos estudos versan sobre folclore e etnografía, arqueoloxía, heráldica, arte, epigrafía, historia, crítica literaria e literatura. Foi membro da Real Academia.

Detalles

Data:
11 - Xuño