Loading Events

« All Events

Féretro de Curros

31 - Marzo

31 m (RAG)Os restos mortais de Curros, que finaba en Cuba o 7 de marzo de 1908, foron embarcados cara Galiza onde chegan o 31 á cidade da Coruña, cidade moi querida polo poeta pois nela quedara absolto da denuncia presentada polo bispo de Ourense contra a súa obra Aires d’a miña terra, e nela fora coroado o 21 de outubro de 1904. Dous días despois, o 2 de abril, unhas corenta mil persoas ateigaron as rúas da cidade para acompañaren o cortexo fúnebre nunha expresión multitudinaria de afecto popular sen antecedentes na nosa historia. Está enterrado no cemiterio de Santo Amaro.

Details

Date:
31 - Marzo