Loading Events

« All Events

  • This event has passed.

Felipe Criado

8 - Xaneiro

Felipe CriadoO 8 de xaneiro de 1928 nace Felipe Criado Martín, pintor, profesor e crítico de arte. Foi alumno de Francisco Asorey e mais tarde estudou na Escola da Academia de Belas Artes de San Fernando. De volta a Galiza, colabora como crítico de Arte no xornal La Noche e no ano 1961 gaña a cátedra de Anatomía Artística na Escola de Artes e Oficios de Compostela. En 1963, gañará a cátedra de Debuxo para centros de Ensino Medio. Traballou o debuxo e a pintura, pero tamén o mural, o gravado e o deseño de cerámica. As obras de Felipe Criado podemos encontralas en distintos espazos expositivos como o Museo do Pobo Galego, o Centro Galego de Arte Contemporánea, o Museo de Belas Artes da Coruña, na USC, no Museo de Lugo, no Parlamento Galego ou no Instituto Cervantes. Desde o ano 1996, Felipe Criado foi membro da Real Academia Galega de Belas Artes. 

Falece na Coruña o 23 de novembro de 2013.

Details

Date:
8 - Xaneiro