Cargando eventos

« Todos os eventos

  • Este evento pasou.

Felipe Bello Piñeiro

9 - Decembro

9dO 9 decembro de 1952 morre no Seixo (Mugardos) o pintor Bello Piñeiro. Moi relacionado cos artistas galegos da súa época, Castelao, Asorey, Curral, Sotomayor, Lloréns ou o arquitecto Antonio Palacios, presenta a súa primeira obra a unha exposición aos 23 anos. En Ferrol realizará a súa primeira exposición individual con vinte obras, todas elas paisaxes. Logo multiplícanse as exposicións, II Salón Ferrolano de Pintura, Bos Aires, A Coruña, Montevideo… Unha obra fundamental de Bello Piñeiro foi a decoración da Sala de Conversacións do Casino Ferrolano. De gran interese é a súa faceta de ilustrador de publicacións, entre as que se encontran Desde o ceo de Manuel Murguía, Hablando con santos de Basilio Álvarez ou A Santa Compaña de Novoa Santos. Colaborou nas revistas Alma Gallega e Galicia. En 1927 funda no Seixo a Sociedade de Amigos da Paisaxe Galega.
Foi membro correspondente da Real Academia e académico non numerario da Real Academia Da nosa Señora do Rosario. Está enterrado no cemiterio de Santiago de Franza.

Detalles

Data:
9 - Decembro