Cargando eventos

« Todos os eventos

Felicia Auber

20 - Marzo

Felicia AuberO 20 de marzo de 1897 morre a escritora e xornalista Felicia Auber. Nada na Coruña en 1821, recibe unha educación plural e humanística. A familia, de orixe francés marcha ás Illas Canarias e logo a Cuba onde Felicia comeza a publicar, sendo aínda adolescente, os seus primeiros textos no Diario de La Habana. Traduciu do inglés e do francés textos literarios que publicaba nos xornais da illa, mais tamén comeza a produción literaria propia: publicará numerosos folletíns nos xornais cubanos como Ramillete Habanero, en Diario de La Marina, o xornal de máis tirada e popularidade da Habana, que fundara o vigués Isidoro Araújo de Lima. Colabora, tamén, en “Galicia. Revista Universal de este reino”, publicación coruñesa de Antonio de la Iglesia entre 1861 e 1865. Felicia nas súas colaboracións defende a educación da muller e a igualdade intelectual desta co home.

Detalles

Data:
20 - Marzo