Loading Events

« All Events

  • This event has passed.

Federico Guillermo Maciñeira Pardo de Lama

3 - Setembro

3sO 3 de setembro de 1870 nace no Barqueiro (Mañón) o arqueólogo e político Federico Guillermo Maciñeira Pardo de Lama. Levou a cabo unha grande actividade investigadora como arqueólogo e historiador, actividade que contou con proxección internacional. Os seus estudos constitúen unhas das primeiras intervencións arqueolóxicas con carácter científico sendo o autor do descubrimento de máis de 270 mámoas e 29 castros entre As Pontes e Estaca de Bares. As súas investigacións resultaron decisivas para a consolidación da disciplina arqueolóxica en Galiza. Home polifacético foi alcalde de Ortigueira, Deputado Provincial da Coruña, fundou o Boletín Oficial do Concello de Ortigueira en 1916 e dirixiu El Ortegano e El Cabo Ortegal. En 1892 foi nomeado cronista oficial de Ortigueira. Foi membro fundador da Real Academia Galega e Socio colaborador do Seminario de Estudos Galegos.

Details

Date:
3 - Setembro