- Este evento pasou.
Federación de Sociedades Gallegas Agrarias y Culturales
24 - Setembro
O 24 de setembro de 1921 celébrase en Bos Aires o Congreso constituínte da Federación de Sociedades Gallegas Agrarias y Culturales, na sede da sociedade de Moraña e coa participación de 11 sociedades galegas. Lanza a idea da fundación Antón Alonso Ríos. Entre os seus obxectivos figuraban o apoio explícito ás sociedades agrarias, melloras económicas para Galiza, a descentralización administrativa e medidas educativas, como procurar a creación dunha escola laica e graduada en cada unha das localidades galegas que representan as sociedades federadas ou a lei de obrigatoriedade do ensino. Editou o quincenal O Despertar Galego que, debido á censura en España, vaise converter nun dos voceiros das ideas nacionalistas de esquerda.