Cargando eventos

« Todos eventos

  • Este evento pasou.

Faustino Santalices

16 - Novembro

16 nO 16 de novembro de 1877 nace na Granxa (Bande) Faustino Santalices. Inicia a súa traxectoria como instrumentista co gaiteiro de Penalta e converterase nun dos máis famosos e prestixiosos gaiteiros do seu tempo. A el débese a recuperación da zanfona, instrumento co que gravaría as súas primeiras pezas e terminaría gravando un disco completo co título Grabaciones históricas de zanfona. Creou en Lugo un Obradiro-Escola de instrumentos galegos e publica La zanfona, un estudo histórico, literario e técnico para a aprendizaxe deste instrumento, con prólogo do seu grande amigo Ramón Cabanillas. Fóra das súas actividades musicais como gaiteiro, do seu traballo de recuperación da zanfona e da divulgación discográfica, cómpre salientar tamén o seu labor como transcritor e coleccionista de música galega, en especial daqueles xéneros vencellados coa tradición oral.

Detalles

Data:
16 - Novembro