Fanny Garrido
11 - Setembro
O 11 de setembro de 1917 morre en Liáns (Oleiros) a escritora Francisca González Garrido, máis coñecida por Fanny Garrido. Casou co compositor Marcial de Adalid e viviu no seu pazo de Lóngora en Lians, de onde tomará o nome para o seu pseudónimo, Eulalia de Lians, co que asinou os seus traballos literarios e xornalísticos. Destacou polas súas traducións do alemán de Heine e sobre todo de Goethe, publicou varias novelas e colaborou nos xornais Galicia e El Correo de Madrid. Foi membro correspondente da Real Academia Galega. Marcial de Adalid musicou varios dos seus poemas.