Loading Events

« All Events

Eugenia Osterberger

20 - Decembro

20 dO 20 de decembro de 1852 nace en Santiago a compositora e pianista Eugenia Osterberger. Casada co enxeñeiro francés Francisco Saunier o matrimonio pasa a instalarse na Coruña onde Eugenia Osterberger entra en contacto co grupo rexionalista da Cova Céltica e co círculo artístico e musical coruñés da época do que formaban parte, entre outros, Marcial del Adalid, Pascual Veiga, José Castro “Chané” e Canuto Berea, quen será o editor de parte da súa obra. As súas composicións fíxanse en dous repertorios: o de piano solista, con pezas líricas e bailes de salón, e as cancións ou melodías galegas para voz e piano. Mme. Saunier, como asinaba, fixo unha importante contribución á consolidación da música culta de raíz galega. Foi membro correspondente da Real Academia.

Details

Date:
20 - Decembro