Loading Events

« All Events

Estrea do Himno Galego na Habana

20 - Decembro

20dO 20 de decembro de 1907 no Gran Teatro da Habana nunha velada de homenaxe a Pascual Veiga é interpretado de xeito oficial o Himno Galego. Xosé Fontenla Leal, que coñecía da proposta de himno que se fixera en 1890 con música de Veiga e letra de Pondal, o poeta a quen o propio Veiga lle encargara a elaboración dun texto “con obxecto de que, a maneira de outras marchas de outros estados fose cantado en toda Galiza co entusiasmo que desperta no ánimo o Sentimento da patria”, solicitará a Pascual Veiga unha copia da partitura. Fontenla Leal termina conseguindo que ese Himno sexa declarado oficial para todos os actos do Centro Galego da Habana. Hai constancia da súa interpretación en Galiza antes de 1907 a través dos coros que o músico mindoniense dirixiu até a súa morte en 1906, mais foi o 17 de setembro de 1912, con ocasión da translación dos restos mortais de Pascual Veiga a Mondoñedo, cando o Himno ten a súa primeira interpretación pública e solemne no territorio galego.

Details

Date:
20 - Decembro