Cargando eventos

« Todos eventos

Estrea da ópera O Mariscal

31 - Maio

31 mO 31 de maio de 1929 estréase a ópera O Mariscal. Un dos obxectivos das Irmandades é a promoción do teatro, e dentro dese proxecto colectivo Ramón Cabanillas e Antón Vilar Ponte escriben O mariscal, traxedia histórica en verso. O libro, con portada de Castelao e ilustracións de Álvaro Cebreiro foi publicada pola editorial Lar. A obra de Cabanillas e Vilar Ponte, publicada en 1926, nunca se chegou a representar. En 1929 Eduardo Rodríguez Losada compón a ópera  O mariscal, co libreto adaptado polos propios autores, estreándose o 31 de maio de 1929 en Vigo, no Teatro Tamberlick. Os  decorados eran de Camilo Díaz Baliño.

Detalles

Data:
31 - Maio