Loading Events

« All Events

  • This event has passed.

Escolas de Insiño Galego

8 - Xullo

8xO 8 de xullo de 1923 créanse as Escolas de Insiño Galego. Nun baixo da Praza de María Pita da Coruña reúnense as Irmandades da Fala para tratar unha proposta feita por un dos seus membros, Ánxel Casal. Esta proposta consistía na necesidade de fundar e soster escolas en terían como obectivos o ensino e a creación desde a infancia dunha verdadeira conciencia galega. Así comeza a  idea de crear as Escolas de Insiño Galego. Como mestres foron nomeados Anxel Casal para a escola de nenos e Elvira Bao para a escola de nenas. A súa actividade transcorre de 1924 a 1930 cun alumnado de entre 15 e 20 por ano. Na escola había a xornada de mañá e de tarde, estudábase artimética, caligrafía, debuxo… facíanse saídas escolares, idea defendida sempre por Casal, e había días en que ía un personaxe, un escritor, que lles falaba da súa obra. Un dos alumnos desta Escola foi Pedro Galán Calvete.

Details

Date:
8 - Xullo