Cargando eventos

« Todos eventos

  • Este evento pasou.

Escola Rexional Galega de Declamación

18 - Xaneiro

18 xan (RAG)O 18 de xaneiro de 1903 estréase no Teatro Principal da Coruña, hoxe Teatro Rosalía, ¡Filla…! a cargo da “Escola Rexional Galega de Declamación” dirixida por Galo Salinas. A “Escola Rexional Galega de Declamación” constituíuse na Coruña como un proxecto para a consolidación do teatro galego. Foi a primeira compañía teatral dedicada á realización de espectáculos en galego e constitúe a primeira iniciativa de formación teatral que se emprendeu na Galiza. A pesar da súa curta traxectoria, pois desapareceu aos dous anos, serviu como precedente do “Conservatorio Nacional de Arte Galega” creado polas Irmandades da Fala en 1919.

Detalles

Data:
18 - Xaneiro