Loading Events

« All Events

Entrega do Mapa de Fontán

1 - Decembro

1dO 1 de decembro de 1834 Domingo Fontán (Portas, Caldas de Reis) entrega a Carta Xeométrica de Galicia, o primeiro mapa topográfico feito con métodos científicos e medicións matemáticas do Estado. Foi presentada a modo de mapa desenvolvido coas 12 láminas dispostas en 3X4 e unidas entre si de forma que se forma o mapa de Galiza como se se tratase dunha soa lámina.Esta obra excepcional levoulle 17 anos, desde 1817 até 1834. O sistema empregado por Fontán para realizar a Carta Geométrica consistiu en elaborar unha malla triangular sobre o territorio con vértices nos cumes de montes e promontorios, toda unha elaboración de rectas e ángulos que tiñan como referencia un punto cero, a Torre do Reloxo da catedral de Santiago. Adiantouse tamén Fontán aos mapas oficiais doutros países europeos coa utilización da escala cenmilésima (1:100000). Polas limitacións técnicas da época e pola dificultade de atopar un gravador con experiencia a súa publicación foi complicada. Faríase París en 1845, lugar a onde se desprazaría Fontán para traballar con L. Bouffard, un dos mellores especialistas do seu tempo. Do orixinal, gardado na Fundación Domingo Fontán, só se conservan unhas 6 copias, as da Real Academia Galega, Consello da Cultura Galega, Fundación Penzol, Universidade de Santiago, Centro Galego de Bos Aires e a do Pazo de Trasalba. Otero Pedrayo, Cunqueiro ou Castelao serán algún dos autores que introducirían na súa escrita referencias ao Mapa de Fontán.

Details

Date:
1 - Decembro