Loading Events

« All Events

  • This event has passed.

Enriqueta Otero

26 - Febreiro

Enriqueta OteroO 26 de febreiro de 1910 nace en Castroverde Enriqueta Otero, mestra e guerrilleira antifranquista. Estuda Maxisterio na Escola Normal da Lugo, cando se produce o golpe de estado está en Madrid, dedicouse á evacuación de crianzas ao Levante, traballou como enfermeira no Hospital Militar de Carabanchel e incorporouse como miliciana da cultura á defensa de Madrid no Exército do Centro. Nese momento Enriqueta alíñase co Partido Comunista e por conflitos internos das forzas que defenden Madrid é detida e encarcerada. Un día antes da rendición de Madrid, o 27 de marzo de 1939, foxe xunto a outras presas.

Consegue chegar a Lugo e xa en 1944 formou parte do Comité Provincial do PCE, mais en febreiro de 1946 foi detida e acusada dun delito de rebelión militar e de actividades comunistas, no seu consello de guerra celebrado en Coruña en xullo de 1946 foi sentenciada a trinta anos por rebelión militar e catro anos por un atentado contra a autoridade. Pasou por varias cadeas até obter a liberdade en 1965. Logo de moitas vicisitudes conseguiu ser rehabilitada como mestra.

Details

Date:
26 - Febreiro