Cargando Eventos

« Todos Eventos

  • Este evento pasou.

Enrique Vidal Abascal

12 - Outubro

|Recurring Evento (See all)

An event every year that begins at 12:00am on day 12 of Outubro, repeating indefinitely

12 oO 12 de outubro de 1908 nacía Enrique Vidal Abascal, matemático e astrónomo. Obtén o título de Doutor en Ciencias Exactas cunha tese dirixida por Ramón María Aller. Toda a súa traxectoria profesional estivo dedicada á docencia. En Galiza exerceu nos institutos de Monforte, A Estrada, Vigo, Pontevedra e Santiago de Compostela, onde compaxinou a cátedra coa de profesor axudante da Facultade de Ciencias. En 1955 obtén por oposición a cátedra de Xeometría Diferencial. Foi inventor do aparato coñecido por Orbígrafo para o cálculo das órbitas de estrelas duplas. Foi promotor da Academia Galega de Ciencias, da que sería o seu primeiro presidente, sendo designado posteriormente presidente de honra. Foi director do Seminario de Estudos Matemáticos de Santiago de Compostela e membro da Real Academia Galega.

Detalles

Data:
12 - Outubro