Loading Events

« All Events

  • This event has passed.

Enrique Liste

21 - Abril

Enrique LísterO 21 de abril de 1907 nace en Ameneiro (Calo, Teo) Enrique Liste Forján, militante comunista e dirixente militar republicano, que combateu na guerra civil española e na Segunda guerra mundial.

Canteiro de profesión, emigrou con seu pai a Cuba aos once anos. Nos seus anos de adolescente fíxose sindicalista e por iso foi encarcerado nun reformatorio dous anos. De volta a Galiza, participa no Sindicato de Oficios Varios de Teo–Ames, mais un enfrontamento coa Garda Civil obrigouno a marchar de novo a Cuba en xaneiro de 1927. Alí traballou como canteiro na construción do Capitolio da Habana e ingresou no Primeiro Partido Comunista de Cuba, acabado de fundar. Volveu a Galiza xa como membro do Partido Comunista de España e participou activamente nas loitas dos traballadores agrarios na fase final da ditadura do xeneral Primo de Rivera.

Durante a guerra civil española tivo un destacado papel organizando e dirixindo as milicias do Quinto Rexemento. Posteriormente pasou a mandar varias unidades do Exército Popular da República. En menos de dous anos pasou de mandar unha brigada mixta a dirixir todo un corpo do exército, o V Corpo do Exército. Ao final da guerra, tivo que marchar do país, exiliándose na Unión Soviética, onde ampliou os seus estudos militares e chegou a Xeneral, participando na Segunda Guerra Mundial.

Details

Date:
21 - Abril