Cargando eventos

« Todos eventos

Emilio González López

13 - Novembro

13nO 13 de novembro de 1903 nace o profesor, historiador e político Emilio González López. O seu compromiso político empeza xa cando estuda no instituto na Coruña. Impulsará e participará na creación da Organización Republicana Galega Autónoma (ORGA). Militou na Izquierda Republicana nos tempos da II República e obtivo escano de deputado pola circunscrición da Coruña nas tres eleccións celebradas durante a República. A derrota republicana supuxo o final da súa carreira académica e tivo que reiniciar a súa carreira no exilio onde formará parte dos exiliados en Estados Unidos con xente como Xosé Rubia Barcia ou Ernesto Guerra da Cal, emigración esta que mantivo abertas nas universidades americanas liñas de investigación histórica e literaria, daquela imposibles en Galiza. Nos Estados Unidos González López será profesor de universidade de Nova York e as súas investigacións quedarán plasmadas nunha extensa obra escrita, entre as que destacan os seus estudos sobre a historia de Galiza. Estivo á fronte da Casa de Galiza neoiorquina, colaborou en diversos programas radiofónicos e cultivou a ornitoloxía. Foi investido doutor honoris causa pola Universidade da Coruña pola súa exemplar dedicación universitaria á promoción e defensa dos valores culturais de Galiza.

Detalles

Data:
13 - Novembro