Emilia Pardo Bazán
12 - Maio
O 12 de maio de 1921 morre Emilia Pardo Bazán. Nada na Coruña o 16 de setembro de 1851 e finada en Madrid foi unha escritora en lingua castelá, intelectual, xornalista, crítica literaria, narradora e rexionalista galega. Xogou un papel importante na creación da Real Academia Galega creando unha Comisión Xestora sobre a base da sociedade Folklore Gallego. Está considerada como unha das precursoras do movemento feminista. Ao longo da súa obra criticou a degradación e marxinalidade da muller e expresou o seu desexo de crear para as mulleres unha educación e unha formación intelectual igual que a dos homes. A súa filla doou a residencia familiar da Coruña para establecer alí a sede da institución Casa Museo de Emilia Pardo Bazán.