Emilia Docet Ríos
9 - Xullo
O 9 de xullo de 1915 nace en Vigo Emilia Docet Ríos, militante e activista do Partido Galeguista. A súa participación no galeguismo foi notoria. Fervente defensora do Estatuto intervén de xeito activo na actividade política. O 25 de xullo de 1934 participa no famoso Mitin das Arengas celebrado na Praza da Quintana, con Castelao, Vilar Ponte, Lugrís Freire, Bóveda e Paz Andrade, entre outros.
Emilia Docet foi ademais deportista, Miss Galicia e gañadora do concurso de Miss España en 1933. Elixida Miss, aproveitaba calquera entrevista ou calquera acto público para a defensa de Galiza.