Loading Events

« All Events

Elvira Bao

24 - Maio

24mO 24 de maio de 1890 nace na  Coruña Elvira Bao Maceiras, mestra e activa militante do galeguismo. En 1918 foi Secretaria da Xunta Directiva nas Irmandades da Fala da Coruña e colaborou no seu Cadro de Declamación. Membro da Agrupación Republicana Femenina da Coruña desde a súa constitución en 1933,  foi presidenta da primeira Xunta Directiva. Como consecuencia do seu activismo político, despois do golpe de estado do 36 é detida, pasa uns meses no cárcere e foi separada definitivamente do ensino público.

Details

Date:
24 - Maio