Cargando eventos

« Todos eventos

  • Este evento pasou.

Elixio Rodríguez

4 - Xaneiro

n4 xan (Cig)

O 4 de xaneiro de 1910 nace en Lobios Elixio Rodríguez Domínguez. Foi un destacado galeguista, fundador das Mocidades Galeguistas de Bande. Ao inicio da Guerra é detido, encarcerado e obrigado a incorporarse á Lexión aínda que logra fuxir e incorpórase ao bando republicano. Mantivo a militancia no Partido Galeguista no exilio e foi un dos promotores en 1952 do programa semanal de radio en galego Hora de Galicia. O 29 de xuño de 1953 participou no establecemento do Padroado da Cultura Galega, polo cal foi delegado no Congreso da Emigración Galega celebrado en 1965 en Santiago de Compostela, sendo o único en ler a súa comunicación en galego. É autor do libro de memorias Matádeo mañá.

Detalles

Data:
4 - Xaneiro