Loading Events

« All Events

  • This event has passed.

Elisa Fernández de la Vega Lombán

30 - Maio

Elisa FernándezO día 30 de maio de 1895 nace na Veiga (Asturias) Elisa Fernández de la Vega Lombán, a primeira muller –xunto coa súa irmá xemelga Ximena– en estudar nunha Universidade galega e licenciarse brillantemente en Medicina –en Compostela–, no ano 1919. Ao rematar a carreira trasladouse a Madrid para traballar co catedrático de Patoloxía Roberto Nóvoa Santos. Elisa morre –despois de desenvolver unha actividade frenética: clases, consulta, conferencias antibelicistas, coidado dos fillos– aos 38 anos de idade.

Details

Date:
30 - Maio