Eladio Rodríguez González
14 - Abril
O 14 de abril de 1949 finaba na Coruña Eladio Rodríguez González, lexicógrafo, xornalista e escritor. A súa traxectoria está intimamente relacionada co seu compromiso coa cultura e a defensa dunha lingua literaria desprovista de castelanismos. Colaborou en xornais e publicacións como Revista Gallega, Galicia, O Tío Marcos da Portela, Galicia Moderna, La Mañana, da que foi director, Alfar; A monteira, A Nosa Terra, Suevia ou Vida Gallega. O Diccionario enciclopédico gallego-castellano é considerado a súa grande obra. É especialmente relevante a súa responsabilidade na creación de “Terra A Nosa”, o suplemento literario de El Noroeste, e na fundación da Asociación de la Prensa coruñesa. Participou na fundación e presidiu o coro Cantigas da Terra.