El Eco Popular
3 - Outubro
O 3 de outubro de 1868 nace o semanario editado en Lugo El Eco Popular. A súa saída eran os domingos e tiña como director e único redactor a Alberto Menéndez. Levaba por lemas Libertad ilimitada e Progreso indefinido. Deixou de publicarse o 24 do mesmo mes. O seu continuador foi La Voz Popular.