Cargando eventos

« Todos eventos

  • Este evento pasou.

El Brigantino

2 - Xaneiro

O 2 de xaneiro de 1866 sae do prelo “El Brigantino” periódico editado en Ferrol entre 1866 e 1880. O primeiro número ve a luz un 2 de xaneiro de 1866 como diario da revista “El Pensamiento de Galicia”, revista bisemanal fundada e dirixida por Ventura Pueyo, que tiña entre os seus colaboradores a Benito Vicetto e Leandro de Saralegui. Por dificultades diversas “El Brigantino” desapareceu ao ano seguinte. En 1868, logo do triunfo do levantamento de setembro, Ricardo Pita imprimiu o xornal co nome de “Boletín de la Revolución”.

Detalles

Data:
2 - Xaneiro