Cargando eventos

« Todos eventos

El barbero municipal

17 - Xullo

17 xO 17 de xullo  de 1910 sae do prelo en Rianxo El barbero municipal. Semanario humorístico de combate contra o caciquismo foi editado desde 1910 até 1914 e tiña o motivo de  caricaturizar os liberais opositores, rianxeiros ou non. O xornal cubría o partido xudicial de Padrón, que comprendía os concellos de Dodro, Padrón, Rianxo, Rois e Teo. O equipo de redacción e edición estaba formado por Arcos Moldes, Castelao, Eduardo Dieste e Rey Baltar. A casa dos Dieste, que se comunica coa dos Rodríguez Castelao polo patio, converteuse en sede improvisada para moitas das reunións do grupo. Castelao foi o director administrativo e gráfico e realizaba as ilustracións e viñetas que acompañaban os textos críticos que eran escritos a xeito de poema. A súa sección Faladurías, escrita por Castelao e o propio Rey Baltar, estaba integramente en galego.

Detalles

Data:
17 - Xullo