Cargando eventos

« Todos eventos

  • Este evento pasou.

Eduardo Pondal

8 - Marzo

8 mO 8 de marzo de 1917 morre Eduardo María González-Pondal Abente, unha das máximas figuras, xunto con Rosalía de Castro e Curros Enríquez, do “Rexurdimento”. Pondal contactou co hipotético pasado celta da Galiza na tertulia da Libraría Carré, alcumada “Cova Céltica”, e accedeu a través de Murguía aos poemas ossiánicos de James Macpherson. Asumirá entón o papel de “bardo” da nación galega. De 1886 é o seu poemario Queixumes dos pinos. O seu poema “Os pinos” conformará o himno Galego, ao que Pascual Veiga lle porá música. Falece na Coruña e repousa no cemiterio de Santo Amaro.

Detalles

Data:
8 - Marzo