Loading Events

« All Events

  • This event has passed.

Eduardo Blanco Amor

14 - Setembro

14sO 14 de setembro 1897 nace en Ourense o escritor e xornalista Eduardo Blanco Amor. Na xuventude entra en contacto co Cenáculo Ourensán e iníciase na actividade literaria e xornalística. Moi novo emigra á Arxentina desenvolvendo alí unha grande actividade de dinamización cultural. A partir de 1935 convértese nun auto-exiliado. Como poeta, a súa principal actividade literaria antes da guerra, principia con  Romances galegos. Como autor teatral é un autor que escribe para representar, e aí temos As Farsas para Títeres e Teatro para Xente. É na narrativa onde Blanco Amor acada o cumio da súa traxectoria literaria. A novela A Esmorga, que por problemas coa censura foi publicada na Arxentina, convértese na obra de refencia da renovación narrativa galega. Logo virían Os Biosbardos e Xente ao Lonxe. Toda a obra narrativa de Blanco Amor se desenvolve no mesmo lugar, Auria, trasunto do Ourense natal do escritor. No seu labor xornalístico destaca o desenvolvido no diario La Nación. Fundou con Illa Couto a revista galega Terra e fundou e dirixiu o Teatro Popular Galego. Foi colaborador da revista Nós.

Details

Date:
14 - Setembro