Cargando eventos

« Todos eventos

Editorial Nós na rúa das Hortas

12 - Xuño

12xO 12 de xuño de 1931 sae do prelo O derradeiro amore do escritor Aurelio Ribalta Copete impreso pola editorial Nós na rúa das Hortas en Compostela, a nova sede da editorial. É moi posible que na decisión de Ánxel Casal do traslado da editorial desde a Coruña  a Santiago pesase a proximidade ao Seminario de Estudos Galegos, o seu mellor cliente, e tamén a proximidade aos autores do Seminario, os seus principais colaboradores, así en maio de 1931, Casal asinara un contrato co Seminario de Estudos Galegos  para imprimir  500 exemplares dun monográfico dedicado a Melide, a obra colectiva Terra de Melide, que tivo unha importancia decisiva na supervivencia da editorial.

Detalles

Data:
12 - Xuño