Cargando eventos

« Todos eventos

  • Este evento pasou.

Durán Loriga

17 - Xuño

17 xO 17 de xuño de 1854  nace na Coruña o docente e investigador matemático Juan Jacobo Durán Loriga. O campo de investigación predilecto do matemático coruñés foi a xeometría do triángulo, unha rama da matemática moi cultivada desde mediados do século XIX. Foi membro correspondente da Real Academia de Ciencias, membro da Société Mathématique de France e de moitas outras corporacións científicas. Publicou numerosos traballos en revistas españolas, francesas, portuguesas, italianas, holandesas e alemás, e mantivo relación con matemáticos como Charles Hermite, Ernesto Cesaro, Brocard, Lemoine e Longchamps. En decembro de 1904 pronunciou unha conferencia no Circo de Artesáns da Coruña onde fixo un alegato a favor das mulleres matemáticas, citando á Marquesa de Châtelet, Marie-Sophie Germain, Maria Gaetana Agnesi e Sofia Kovalewska. A súa biblioteca está depositada na Biblioteca Xeral da Universidade de Santiago de Compostela.

Detalles

Data:
17 - Xuño