Cargando eventos

« Todos eventos

  • Este evento pasou.

Donosiña

7 - Abril

7 aO 7 de abril de 1920 estréase en Ferrol Donosiña de Jaime Quintanilla. Jaime Quintanilla  foi médico, escritor e político. A súa actividade política centrouse principalmente na defensa do galeguismo e o socialismo, participando na I Asemblea Nacionalista  en 1918. Dirixiu a revista “Céltiga”. Foi un grande impulsor do teatro galego e publicou obras como Saudade, a comedia dramática Alén, o drama Donosiña e o traballo O nazonalismo musical galego.  Jaime Qintanilla foi  fusilado o 18 de agosto de 1936  nas tapias do cemiterio de Canido.

Detalles

Data:
7 - Abril