Donosiña
7 - Abril
O 7 de abril de 1920 estréase en Ferrol Donosiña de Jaime Quintanilla. Jaime Quintanilla foi médico, escritor e político. A súa actividade política centrouse principalmente na defensa do galeguismo e o socialismo, participando na I Asemblea Nacionalista en 1918. Dirixiu a revista “Céltiga”. Foi un grande impulsor do teatro galego e publicou obras como Saudade, a comedia dramática Alén, o drama Donosiña e o traballo O nazonalismo musical galego. Jaime Qintanilla foi fusilado o 18 de agosto de 1936 nas tapias do cemiterio de Canido.