Loading Events

« All Events

  • This event has passed.

Día dos enganos

1 - Abril

PinochoO 1 de abril é o Día dos enganos en Galiza e noutros países. Di o refrán: “O un de abril van os burros onde non deben ir”. Consiste en dar noticias falsas para enviar as persoas a lugares onde non deben ir e outro tipo de brincadeiras. Existe bastante controversia sobre a orixe desta celebración que moitas investigacións colocan na Francia do século XVI ligada ao inicio do ano solar.

Na actualidade, o Día dos enganos é celebrado en multitude de países ao redor do mundo, e é costume que medios de comunicación e mesmo grandes empresas espallen novas falsas.

Aínda así, en Galiza a celebración do Día dos Enganos en Galiza estaba a desaparecer, substituído en parte pola tradición cristiá española do Día dos Santos Inocentes.

Details

Date:
1 - Abril