Default title

Loading Events

« All Events

  • This event has passed.

Día de Rosalía

24 - Febreiro

|Recurring Event (See all)

Event Navigation

rosalia-nova-1O 24 de febreiro de 1837 nace en Santiago de Compostela Rosalía de Castro, figura fundacional na nosa literatura e unha das voces literarias moi relevante nas letras europeas do século XIX. É Rosalía unha muller cunha extraordinaria formación cultural, lectora dos filósofos da época, entendía francés, ten formación artística e dramática, comparte tertulia cos homes en varias sociedades culturais e literarias…

Na obra de Rosalía vai aparecer a problemática da muller escritora e nelas obras vai abrir camiño a temas que antes non eran propios de ser tratados por mulleres na literatura. Cantares gallegos é o primeiro libro publicado integramente en galego. Aquí queda plasmada a reclamación dos dereitos do pobo como colectividade, a súa dignificación e a denuncia das inxustizas que padece. Follas novas ocupa un lugar de privilexio na obra rosaliana e é unha das grandes obras da literatura galega de todos os tempos. Nela encontramos unha visión filosófica do mundo mais sen deixar de parte o compromiso co pobo, as clases traballadoras e a defensa da muller.

Details

Date:
24 - Febreiro