Cargando eventos

« Todos os eventos

Día das Letras Galegas

17 - Maio

17 m cantares-O 20 de marzo de 1963, coincidindo co centenario da publicación de Cantares Gallegos de Rosalía de Castro, os académicos Francisco Fernández del Riego, Manuel Gómez Román e Xesús Ferro Couselo, nun texto presentado á Academia, propoñen a celebración do Día das Letras Galegas. No punto 1º e punto 4º do escrito dise:

Con motivo de se celebrar no presente ano o Centenario da pubricación de “Cantares gallegos” de Rosalía de Castro, os membros numerarios que subscriben someten á consideración da Xunta xeneral da “Real Academia Gallega”, a seguinte proposta:
1º.- Todos sabemos que o libro rosalián editado en 1863, ten sido a primeira obra maestra con que contóu a Literatura Galega Contemporánea. A súa aparición veu a lle dar prestixio universal á nosa fala como instrumento de creación literaria.

4º.- O millor xeito de o conseguir sería que acordase decrarar Día das Letras Galegas, o 17 de maio de cada ano, a partir do presente. Contaríase así, pra o porvir, cunha xornada oficialmente adicada a honrar ós nosos libros. O día 17 de maio de cada ano viría ser a data destinada a recoller o latexo material da actividade inteleitual galega.

O 17 de maio Día das Letras Galegas lévase celebrando sen interrupción desde o seu inicio en 1963. Neste ano 2016 o autor homenaxeado é o escritor Manuel María.

Detalles

Data:
17 - Maio